
Aberto o prazo de inscrición de carrozas e comparsas para o Entroido de Verín 2025
05/02/2025
Máis de 160 horas de música para un Entroido de Verín que aposta pola súa esencia máis auténtica
12/02/2025O CEIP Medeiros deseña o cartel oficial que representará o vindeiro Desfile Infantil do Entroido 2025, que percorre durante a mañá do Xoves de Comadres as rúas e prazas de Verín.

Nesta ocasión, do mesmo xeito que nas anteriores edicións, os representantes dos centros educativos que participan no desfile decidiron, por unanimidade, que o deseño debía ser realizado polo colexio responsable da apertura do desfile, nesta ocasión, o CEIP Medeiros.
Tras elaborar este centro dous carteis, a elección do deseño oficial realizouse mediante votación entre representantes dos centros educativos participantes no desfile: CRA Monterrei, CEIP Plurilingüe Vendas da Barreira, CEIP Augusto Assia A Mezquita, CPR María Inmaculada, PAI de Riós, CEIP Plurilingüe Raúl Fernández Castrelo do Val, CEIP Rodolfo Núñez Vilardevós, CEIP Princesa de España, CEIP Amaro Refojo, CPR Mercedarios, e IES García Barbón; así como das Casas Niño de Albarellos («Aloumiño»), Castrelo do Val («Cuquiños»), Cualedro («Aprendo Xogando»), Vilardevós («Lala» e «Garabatos»), Pepín («As Avelaiñas»), Vilaza («O Principiño») e Vences («Enredos»).
O centro educativo recibirá un vale de 400 euros para material escolar e deportivo, a adquirir en establecementos do concello de Verín.